Un ataque do lobo en Caral deixa vinte ovellas mortas e 18 feridas | Noticias de Galicia | CRTVG

Vinte ovellas mortas e dezaoito malferidas é o resultado dun novo ataque do lobo no concello coruñés de Carral. O gandeiro prexudicado di que agora non lle queda outra que extremar as precaucións e manter o seu rabaño en leiras cercadas para que non se produzan máis baixas.

Olegario ten un rabaño dunhas mil ovellas que acostuman pastar neste leira próxima á casa. Porén de madrugada veu o lobo e causou unha gran desfeita. Matoulle vinte e outras dezaoito deixounas malferidas.

Olegario Castelo Martínez, vítima do ataque do lobo: “Algunhas desas xa se foron… xa morreron. Non lles vale matar e comer. O pracer deles é matar. Noutro ataque xa nos mataran 48”.

Olegario conta que xa o alertaran varios veciños porque eles tamén foron vítimas do lobo días antes.
via Un ataque do lobo en Caral deixa vinte ovellas mortas e 18 feridas | Noticias de Galicia | CRTVG

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s